Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29768

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido).

Advertidos erros de transcrición na Orde do 26 de xuño de 2015 pola que se convoca un concurso público de méritos para cubrir unha praza de profesor/a de lingua e literatura galegas no colexio Vicente Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 6 de xullo de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 28007, anexo II, punto 3.1, onde di: «Por cursos superados ou impartidos en materia educativa relacionados ... Ata 2 puntos», debe dicir: «Por cursos superados ou impartidos en materia educativa relacionados .... Ata 3 puntos».

Esta corrección de erros anula a publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 10 de xullo de 2015, quedando a puntuación total do número 3, Formación e perfeccionamento, reflectido no anexo II, en 6 puntos, tal e como di a convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 6 de xullo de 2015.

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes.