Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 23 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, relativo á realización do posto e servizos complementarios para a participación en feiras ou certames do ano 2016, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: deseño, realización, decoración, equipamentos, montaxe e desmontaxe, posta en funcionamento, mantemento, limpeza, seguros, transportes e almacenaxe do posto que utilizará a ATG para a súa presenza nas feiras ou certames de 2016, adaptándoo ás diferentes parcelas, mantendo a uniformidade na imaxe e garantindo a máxima calidade e perfecto acabado en cada unha das accións.

Prazo de execución: o prazo de execución estimado será desde o día seguinte á data de formalización do contrato e ata o 31 de decembro de 2016.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 590.000,00 €.

IVE (21 %): 123.900,00 €.

Importe total, IVE incluído: 713.900,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia de Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22847

Información de índole técnica; teléfono 981 54 25 15.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 02 75.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 10 de setembro de 2015. Se o día de finalización do prazo é domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia de Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es .

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é de 10,82 euros.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia