Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29557

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 6 de xullo de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 15 de maio de 2015.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería pola Orde do 15 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 94, do 21 de maio), de conformidade co disposto na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 15 de maio de 2015 (DOG núm. 94, do 21 de maio).

Segundo. Declarar deserto o posto de traballo que se indica:

Denominación do posto de traballo: xefatura do Servizo de Planificación e Programación.

Código do posto de traballo: MA.X01.00.001.15770.050.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas