En sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2015, o tribunal nomeado por Orde do 23 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria, que o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 20 de xullo de 2015, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
Os/as aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015
M. Carmen Prieto Ramos
Presidenta do tribunal