Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de xuño de 2015, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros, solicitada por Repsol Comercial de P.P., S.A., no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-15-C-1).

Repsol Comercial de P.P., S.A. solicita unha concesión administrativa para a construción e explotación de instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros, no dominio público portuario de Ribeira, segundo o proxecto básico e de execución de ampliación da instalación de almacenamento e subministración de carburantes a buques existente. Porto de Ribeira, antiga explanada de redeiros, asinado por Alberto Otero da Costa (colexiado nº 3368), enxeñeiro técnico industrial, e Paulino Sánchez Chao, arquitecto (colexiado nº 2143) en maio de 2015.

O que se fai público para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com .

A Coruña, 30 de xuño de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia