Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29284

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de xuño 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural e do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2015

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
e do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015

Convenio

Importe (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen custo económico

2.1.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia, S.A.

149.000,00 €

30.1.2015

Acordo polo que se dispón a achega da Xunta de Galicia –Consellería do Medio Rural e do Mar– a favor da Fundación Semana Verde de Galicia.

100.000,00 €

6.2.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas formativas en materia de medio rural e montes.

Sen custo económico

17.2.2015

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Secretaría Xeral da Presidencia para o desenvolvemento de novos sistemas de información e de novas funcionalidades para a Oficina Agraria Virtual da Consellería do Medio Rural e do Mar.

40.000,00 €

19.3.2015

Convenio entre a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2015, de actividades de dinamización das embarcacións patrimoniais e o XII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

38.840,00 €

30.3.2015

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Algacari), polo que se regulan as condicións en que se lle concede unha subvención prevista nominativamente na vixente Lei de orzamentos da nosa comunidade autónoma para a realización, durante o ano 2015, de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de ribeira.

6.500,00 €

30.3.2015

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e os concellos de Marín e Vilaboa para a recollida de equinos soltos o con trancas.

Sen custo económico

30.3.2015

Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería do Medio Rural e do Mar (Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa).

Sen custo económico

13.4.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

51.934,85 €

16.4.2015

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

5.000,00 €

27.4.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) para a promoción e a mellora da comercialización dos produtos ecolóxicos do mar.

13.750,00 €

28.4.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros.

65.642,50 €

28.4.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Codificación Comercial (Aecoc).

14.520,00 €

30.4.2015