Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que:

Nesta dirección xeral recibiuse certificación da asemblea xeral da Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia (AESG), do 8 de febreiro de 2014, onde se reflicte o acordo de disolución da devandita asociación, acadado segundo establece o artigo 25 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social