Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2015/94-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria, S.A. (Sareb).

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 89, 28046 Madrid.

Denominación: CT Edificio Dafón 5.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: centro de transformación de 630 kVA, con RT 20 kV/420 V, situado no Edificio Dafón 5, rúa Vigo 3-5, Salceda de Caselas.

A instalación cederase antes da súa posta en servizo á empresa distribuidora de zona e formará parte da rede de distribución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra