Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015016TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de abril de 2015, o instrutor da Consellería de Sanidade en Ourense formulou proposta de resolución do expediente sancionador 2015016TA-OU, Afonso de Almeida, Manuel Antonio, CIF X4446751T, encargado do Club Dama da Noite, con domicilio en Coalloso, 54, 32692 Sandiás (Ourense).

Intentada a notificación desta proposta segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Afonso de Almeida, Manuel Antonio, CIF X4446751T, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 1 de xuño de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015016TA-OU.

Denunciado: Afonso de Almeida, Manuel Antonio, encargado do Club Dama da Noite.

DNI/NIF/CIF: CIF X4446751T.

Último enderezo coñecido: Coalloso, 54, 32692 Sandiás (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).