Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29128

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación 2015000393.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de auditoría financeira do ente público Compañía de Radio-Televisión de Galicia e a súa sociedade, Televisión de Galicia, S.A., para os exercicios 2015, 2016 e 2017.

3. Orzamento base de licitación: 135.000 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o remate dos traballos de auditoría do último exercicio que cómpre revisar.

5. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es .

9. Lugar de presentación das ofertas: Compañía de Radio-Televisión de Galicia. Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns. Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es .

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.