Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia para os efectos do coñecemento da resolución do recurso de alzada RA/XP/2015/00008 en materia de xogo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, da resolución do recurso de alzada RA/XP/2015/00008, en materia de xogo, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a mencionada resolución.

A interesada poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesado compareza, sen prexuízo de que a interesada poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación a interesada en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada RA/XP/2015/0008 en materia de xogo.

Data da resolución: 1 de xuño de 2015.

Recorrente: Constantino Pérez Expósito, S.L.

Establecemento: Café Yáñez (HP0020025).

Último domicilio coñecido: avda. Gregorio Espino, 62, baixo, 36205 Vigo (Pontevedra).