Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29029

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal).

En virtude do disposto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar o contido da encomenda de xestión ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria para o alleamento polo sistema de poxa pública dunha partida de madeira de eucalipto resultante da execución da acción 2014.L004 conservación e mellora dos recursos xenéticos de Pinus Radiata de Galicia no Centro de Investigación Forestal de Lourizán:

– Actividade: alleamento a través do sistema de poxa pública dunha partida de madeira de eucalipto de 500 metros cúbicos, segundo o procedemento establecido na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, polo que se rexen os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes galegos.

– Natureza e alcance da encomenda de xestión: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter o Ingacal a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no artigo 47.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e concorrer as circunstancias previstas no artigo 9.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro.

– Período de vixencia: desde o 1 de xullo de 2015 ata o 31 de decembro de 2015, sen que estea prevista a súa prorroga.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodriguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar