Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 23 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do expediente INC-OU-0020/2015-SUB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente INC-OU-0020/2015-SUB.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contando o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que coide pertinente.

A Coruña, 23 de xuño de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-OU-0020/2015-SUB.

Persoa interesada: Modesto Randolfe Dacosta.

Acto de notificación: resolución de procedemento.

Último enderezo coñecido: Cristoble, 13, 32108 Vilamarín (Ourense).