Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 36/2015).

Advertido erro na citada resolución, na versión en galego, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 129, do 10 de xullo de 2015, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 28898, sexto parágrafo, onde di: «O lote 1 entrará en vigor o 1.10.2015 e o lote 2 o 16.12.2015 e ambos os dous o 31.12.2016», debe dicir: «O lote 1 entrará en vigor o 1.10.2015 e o lote 2 o 16.12.2015 e ambos os dous terminarán o 31.12.2016».