Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 16 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales se poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdición laboral, perante esta xefatura territorial, dentro dos trinta (30) días seguintes ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto nos artigos 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

No mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior, e de acordo co referido no artigo 61 da Lei 30/1992, de RXAP-PAC, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 16 de xuño de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome e apelidos: João López dos Santosuñarro Nodar.

DNI: X1949884J.

Número de expediente: 27/0000308-I/08.

Notificación: resolución de extinción.

Nome e apelidos: Rafael Montero Álvarez.

DNI: 34274130-J.

Número de expediente: 27/0000479-X/03.

Notificación: resolución de extinción.

Nome e apelidos: Dinora H. Pérez Preval.

DNI: 34281532D.

Número de expediente: 27/0000437-J/10.

Notificación: resolución de extinción.