Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29032

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 96, do 21 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do quinto exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 9 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 9, do 15 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade co previsto na base II.1.5 da orde de convocatoria, que o quinto exercicio do proceso selectivo teña lugar o día 15 de xullo de 2015, na sala D do Edificio Administrativo de San Caetano, a partir das 9.30 horas.

En consecuencia, convócanse para a realización do quinto exercicio as seguintes aspirantes:

DNI

Apelidos e nome

44841323V

Álvarez Caramés, Isabel

77406306J

Nieto Grande, Paula

32701198M

Pereira de la Riera, Josefina

Para o seu desenvolvemento, as aspirantes poderán servirse de textos legais e xurisprudenciais. O tempo máximo de duración será de cinco (5) horas.

As aspirantes deberán comparecer o mesmo día ás 16.30 para a lectura do exercicio ante o tribunal, en sesión pública.

As aspirantes deberán presentarse provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Mª Isabel Novo Castro
Presidenta do tribunal