Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 11 de xuño de 2015 polo que se autoriza o cambio de titularidade da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade da Estrada e coa frecuencia 88.4 MHz a favor de Sociedad de Inversiones Radiofónicas y de Televisión, S.L.U.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 11 de xuño de 2015,

RESOLVO:

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta do 11 de xuño de 2015 que a continuación se transcribe:

«Autorizar o cambio de titularidade da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade da Estrada (Pontevedra) e coa frecuencia 88.4 MHz a favor de Sociedad de Inversiones Radiofónicas y de Televisión, S.L.U.»

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios