Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-OU-82/2015-REP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuveillas, nº 4 e 6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 26 de xuño de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente: MON-OU-82/2015-REP.

Interesada: Mª Lourdes Seara Pereira.

Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.