Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0007/2014-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0007/2014-PPM e dous máis.

É tamén de aplicación o artigo 59.5 da dita lei, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, que indica que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, en Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Lugo, 26 de xuño de 2015

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0007/2014-PPM.

Persoa interesada: Miguel Salazar Giménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa da Florida, 6, San Cibrao, Cervo.

Expediente: PSC-LU-0053/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos París Dosil.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Colón, 4, portal 1, baixo A, Ferrol.

Expediente: PESAN1 2014/000116-2.

Persoa interesada: David Marta Caamaño.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Feijoo, bl. 27, nº 3, 2º D, Ferrol.