Con data do 24 de abril de 2015, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014382TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Disco Pub Mirrors, S.L. (Pub Mirrors).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Disco Pub Mirrors, S.L. (Pub Mirrors) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, unha copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de ABANCA; no BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2014382TA-PO.
Denunciada: Disco Pub Mirrors, S.L. (Pub Mirrors).
Documento de identificación: B94089893.
Último enderezo coñecido: rúa B, núm. 37, de Lalín (Pontevedra).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigos 4.b), 4.d), 19.3.g), 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 1.202 €.