Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza dos autos (1006/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos co número 1006/2012 por instancia de María Victoria García-Lastra Martorell contra a empresa Edición de Medios de Información Multimedia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 9.6.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución.

Acéptase a demanda formulada por María Victoria García-Lastra Martorell fronte a Edición de Medios de Información Multimedia, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a Edición de Medios de Información Multimedia, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de seis mil douscentos setenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos de euro (6.279,52 euros). Os conceptos salariais xeran os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Edición de Medios de Información Multimedia, S.L., expido e asino este edicto

A Coruña, 15 de xuño de 2015

A secretaria xudicial