Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28472

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 2 de xullo de 2015 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de dous/dúas técnicos/as baixo a modalidade contractual de proxectos específicos de investigación científica e técnica para o desenvolvemento de actuacións de I+D+i dirixidas á conservación e mellora dos recursos xenéticos do gando frisón de Galicia no período 2015-2018.

No taboleiro de anuncios da Xenética Fontao, S.A. e na súa sede electrónica: http://www.xeneticafontao.es aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal de dous/dúas titulados/as superiores veterinarios/as/biólogos/as (técnico I), con formación en xenética molecular aplicada a especies animais para participar no desenvolvemento do proxecto de investigación para a mellora xenética do gando frisón de Galicia no período 2015-2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios de Xenética Fontao, S.A.

Lugo, 2 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Consello de Administración de Xenética Fontao, S.A.