O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 13 de abril de 2015, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na demolición dunha construción existente e construción dunha edificación de nova planta no lugar de Valbón, núm. 15 A, parroquia de Agudelo, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Luis Iglesias Nieto, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística