Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de impresión de folletos, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 31 de marzo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: contratación das tarefas para levar a cabo a impresión de folletos e outro material gráfico, distribuído en 3 lotes:

Lote 1. Experiencias.

Lote 2. Natureza, arte e actividades.

Lote 3. Mapas, planos, Xacobeo e varios.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación para cada lote.

Lote 1: 50.000 €, IVE excluído.

Lote 2: 70.000 €, IVE excluído.

Lote 3: 65.000 €, IVE excluído.

Importe total dos lotes: 185.000, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 10 de xuño de 2015.

Lote 2: 10 de xuño de 2015.

Lote 3: 10 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 19 de xuño de 2015.

Lote 2: 19 de xuño de 2015.

Lote 3: 19 de xuño de 2015.

c) Adxudicatario:

Lote 1: Gráficas Lasa, S.L.

Lote 2: Gráficas Lasa, S.L.

Lote 3: Gráficas Lasa, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 36.951, IVE excluído.

Lote 2: 47.082 €, IVE excluído.

Lote 3: 49.215 €, IVE excluído.

Total: 133.248 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia