Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación, documentalmente simplificada, do servizo para a instalación, xestión e explotación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia, con procedemento aberto, tramitación ordinaria e contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28, 981 54 62 29 e 981 54 62 24 e información de índole administrativa 981 54 42 59 e 981 54 45 17.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es

ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22896

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015- SECON 1 EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: instalación, xestión e explotación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: os indicados nos anexos I e II do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 55400000-4. Servizos de subministración de bebidas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na alínea J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do canon: 71.280,00 €, incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base do canon: 32.400,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2015: 6.750,00 €.

Ano 2016: 16.200,00 €.

Ano 2017: 9.450,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do total do canon ofertado polo adxudicatario para os vinte e catro meses de vixencia do contrato.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na alínea G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano. Bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións, de coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza