Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0544/2014-PPM e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0544/2014-PPM e seis máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 11 de xuño de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0544/2014-PPM.

Persoa interesada: José Luis Pasantes Lista.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Verónica, 1, baixo B, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0549/2014-COP.

Persoa interesada: Armando Miguel Monteiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 26, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0701/2014-PPM.

Persoa interesada: Manuel Castro Blanco.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida da Coruña, 31, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-020/2015-COP.

Persoas interesadas: Fernando José García Pérez e Marcelo Javier Scalone Silva.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Peruleiro, 42, 2º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0102/2015-ORS.

Persoa interesada: Manuel Buiturón Liñeiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Anchoa, Fisterra.

Expediente: PSC-CO-0108/2015-PRE.

Persoa interesada: Álvaro Luis Triñanes Toba.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Barcelona, 80, 5º esq.

Expediente: PSC-CO-0158/2015-PPM.

Persoa interesada: Héctor Rodríguez Ramos.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pintor Seijo Rubio, 9, 4º, A Coruña.