Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (205/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 205/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leonor Muñiz González contra Adega Castrocelta, S.L., sobre despedimento, se ditou o decreto de insolvencia do 23 de abril de 2015 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo:

a) Declarar o executado Adega Castrocelta, S.L. en situación de insolvencia por importe de 24.626,73 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unir exhorto debidamente dilixenciado polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres que non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5081/0000/ no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adega Castrocelta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de xuño de 2015

A secretaria xudicial