Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación de cría e ceba de xatos, sita no lugar de Mesón de Herosa, no concello da Gudiña (Ourense), promovido por Carnes Viana, S.L. (clave 2015/0023).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 8 de xuño de 2015 relativo ao proxecto de ampliación dunha explotación de cría e ceba de xatos, sita no lugar de Mesón de Herosa, no concello de A Gudiña (Ourense), promovido por Carnes Viana, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental