Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2015, o tribunal nomeado por Orde do 6 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 16 de marzo), pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio), acordou que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 16 de xullo de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (r/ Madrid, 2-4, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), na aula 11, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Luis Castedo Ribas
Presidente do tribunal