Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28311

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2015 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2015.

Por Resolución do 28 de outubro de 2010, da Secretaría Xeral para o Deporte (Diario Oficial de Galicia de 4 de novembro), creáronse as distincións ao mérito deportivo de Galicia, premios que serán concedidos en recoñecemento do labor ou traxectoria notoria e exemplar, no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da nosa comunidade autónoma.

Na referida resolución establécese que os galardóns serán outorgados, anualmente e en número non limitado, por resolución do presidente da Xunta de Galicia, logo da proposta motivada do xurado cualificador.

En atención ao establecido, e logo da proposta motivada do xurado cualificador do 23 de xuño,

DISPOÑO:

Único. A concesión das distincións ao mérito deportivo de Galicia na súa edición 2015 ás seguintes persoas, entidades e eventos: Pablo Beiro Diz, Jorge Benito Chao López, Óscar Burrieza López, Óscar Cacheiro Rocha, Rafael Cid Navarro, Festa HQR, Colexio Martínez Otero, Comesaña Sporting Club, Juan Carlos Costas Rosés, Gerardo Dios Vidal, Lee Dong Kyu, Benigno Fernández Alonso, Mª Teresa Franco Martínez, Manuel García Valiñas, Rosa Mª Gómez Llamas, Victorino González Enríquez, Simón González Salgado, Francisco Javier González Vázquez, Medina, S.F., Emilia Mesa Soriano, Ángeles Moinelo Allegue, Manuel Montero Vidal, Roberto Naveira Figueiras, Manuel Pazos González, Inmaculada Pazos Sánchez-Rubio, Javier Pazos Sánchez-Rubio, Pedro Miguel Piñeiro Lago, José Luis Sala García, Alfredo Sánchez Carro, Raimundo Sendino Ortega, Manuel Valcárcel Lastra, David Vidal Tomé, Ángel Villar Varela.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2015

Alberto Núñez Feijóo
Presidente da Xunta de Galicia