Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 7 de xullo de 2015 Páx. 28283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do contrato de servizo consistente na limpeza das dependencias do Instituto en Pontevedra (expediente IGVS01-15).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contrato de servizo para a limpeza das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra. Expediente: IGVS01-15.

b) Prazo de execución: 13 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: corenta e oito mil seiscentos trinta e catro euros con corenta e un céntimos (48.634,41 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): dez mil douscentos trece euros con vinte e tres céntimos (10.213,23 €).

c) Importe total: cincuenta e oito mil oitocentos corenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (58.847,63 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación ( IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Non se exixe clasificación. A proba da solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional efectuarase polos medios precisados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Malia o anterior, de posuír o licitador a clasificación adecuada ao obxecto do contrato (grupo U, subgrupo 1, categoría A), a xustificación documental de tal extremo eximirá da presentación dos documentos exixidos no prego.

7. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se rexe a contratación poderán obterse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Area Central s/n, Santiago de Compostela) e consultarse na páxina de internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22816 . Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329 .

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación acreditativa dos criterios non avaliables mediante fórmulas e que dependan dun xuízo de valor) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no lugar e na data que serán anunciados no perfil do contratante, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa.

O acto público de apertura do sobre C (documentación acreditativa dos criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no lugar e na data que serán anunciados, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo