Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28013

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-04/2014 do 15 de setembro) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.

Convocada pola Resolución CM-04/2014, do 15 de setembro (DOG núm. 200, do 20 de outubro), a provisión dun posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia de xestión integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos/as aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría, realizada mediante a Resolución CM-04/2014, do 15 de setembro (DOG núm. 200, do 20 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 26 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 10 de xuño de 2015

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: coordinador/a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.

Nome e apelidos: Ángela Mosconi Domínguez.

DNI: *****928-T.