Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización do servizo de limpeza do Hospital da Barbanza (expediente AB-EIS1-15-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIS1-15-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital da Barbanza, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 7 de xaneiro de 2015. Boletín Oficial del Estado do 30 de decembro de 2014. Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 19 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria. Anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.311.889,28 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.155.944,64 euros. Importe total: 1.398.693,01 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 7 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2015.

c) Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.072.321,66 euros.

Importe total: 1.297.509,21 euros.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2015

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela