Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lobeira (expediente IN407A 2015/42-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS e CT Lobeira.

Situación: Lobeira.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 58 m con condutor RHZ1, 12/20 kV 3×150 Al, e orixe no apoio con PAS da LMT ao actual CT Lobeira (que se vai desmontar) e remate no CT prefabricado proxectado manobra exterior Lobeira de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 46.301,61 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de xuño de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense