Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha notificación de resolución do expediente Pesan 1 2012/000825-1.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente instruído. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación publícase no BOE, e será a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

A persoa interesada dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado deseguido atópase á disposición do interesado na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar.

Nº de expediente: Pesan 1 2012/000825-1.

Interesado: José Manuel Muñiz Carrillo.

DNI: 52933981-X.

Enderezo: Banda ó Río, 57, Cabo de Cruz, Boiro.

A Coruña, 10 de xuño de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
xefe territorial da Coruña