De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0210/2015-PPM e tres máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a data de publicación nel é a que determina a eficacia do acto notificado.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 25 de maio de 2015
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial de A Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0210/2015-PPM.
Persoa interesada: Marcos García González.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: estrada xeral, Escarabotiño, 22, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0212/2015-PPM.
Persoa interesada: Hernán Luis Idoeta Baz.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: estrada xeral, Escarabotiño, 22, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0254/2015-PPM.
Persoa interesada: Paulo Henrique Borges.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rúa do Pozo, 1-P01, Betanzos.
Expediente: PSC-CO-0266/2015-PPM.
Persoa interesada: Mª Dolores dos Santos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Poblado da Pasaxe, A Coruña.