Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2015.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 21.5.2015, aprobou a oferta de emprego público do Concello das Pontes de García Rodríguez correspondente ao exercicio de 2015, que comprende as prazas que se indican a continuación:

Provincia: A Coruña.

Corporación: As Pontes de García Rodríguez.

Número de código territorial: 15070.

Oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2015:

• Persoal funcionario.

Escala: Administración especial.

Subescala: servizos especiais.

Categoría/denominación: axente notificador e de recadación.

Grupo: C.

Subgrupo: C2.

Número de vacantes: unha.

Modo de acceso: promoción interna.

• Persoal laboral fixo.

Nivel de titulación: graduado escolar, FP1 ou equivalente.

Denominación: auxiliar administrativo servizos sociais.

Número de prazas vacantes: unha.

Modo de acceso: promoción interna.

As Pontes de García Rodríguez, 3 de xuño de 2015

Valentín González Formoso
Alcalde en funcións