Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27767

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto para a contratación da subministración de 240 contedores de residuos sólidos urbanos (fracción resto) de 800 litros con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de 240 contedores de RSU (fracción resto) de 800 litros con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 28.000 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do decimoquinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que poderán acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se consideren procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 9 de xuño de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense