Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dipoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (2 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 60 11 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; jose.gil.bernabe.sanchez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22835

8º. Data límite da obtención de documentación e información: 17 de xullo de 2015, ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: 2015-SUEI 09-10/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dipoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (2 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

c) División por lotes e número de lotes: dous.

Lote 1: adquisición de 18 vehículos tipo todo terreo pick-up.

Lote 2: adquisición de 9 remolques para atención ás emerxencias.

d) Lugar de execución: o indicado na epígrafe M da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: tres (3) meses contados a partir do día seguinte ao da formalización do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 34114100-0, 34114110-3, 34131000-4, 34220000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións do prego de clausulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 731.181,82 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 731.181,82 €.

Importe total: 884.730,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1. Importe sen IVE: 595.041,32 €. Importe IVE (21 %): 124.958,68 €. Total: 720.000,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 136.140,50 €. Importe IVE (21 %): 28.589,50 €. Total: 164.730,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído), individualizada para cada un dos lotes.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 18 de xullo de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: terá lugar en acto público na sala de xuntas D do Edificio da Pirámide do Complexo Administrativo San Caetano.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: día 28 de xullo de 2015, ás 12.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza