Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015 pola que se anuncia a contratación da subministración e instalación de tres unidades de estacións robotizadas de pipeteo automático para o laboratorio de sanidade e produción animal, para o ano 2015, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria (expediente 27/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de tres unidades de estacións robotizadas de pipeteo automático para o laboratorio de sanidade e produción animal, para o ano 2015.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: a subministración, deberá ser entregada e instalada no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia Lugo.

e) Prazo de execución: a entrega terá lugar dentro dos 3 meses seguintes á data de sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 38000000-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 300.000 €, IVE (21 %): 63.000,00€; importe total: 363.000,00 €

Valor estimado: 300.000 euros.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44/981 54 40 46 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22558

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 18 de xullo de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público,as 12.00 horas do 29 de xullo de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalidades por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula V folla de especificacións).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes