1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Domicilio: avda. de Vigo, 16.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.
4º. Teléfono: 986 88 51 33.
5º. Telefax: 986 88 58 85.
6º. Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
d) Número de expediente: AB-EIP1-15-009.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: administrativo de servizos.
b) Descrición: servizo de manutención do persoal que deba cubrir as quendas dos PAC situados nos centros de saúde dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
1º. Lugar de execución/entrega: centros de saúde relacionados no prego de cláusulas administrativas particulares.
2º. Domicilio: ver prego de cláusulas administrativas.
3º. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 55320000-9 e 55523000-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 492.374,40 €.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 234.464 €. Importe total: 257.910,40 €.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.
1. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
2. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.
2º. Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.
3º. Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.
4º. Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es
d) Admisión de variantes, se procede: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.
3. Apertura das ofertas:
a) Descrición: procederase á apertura en acto público dos sobres B e C e darase lectura das propostas.
b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.
c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.
d) Data e hora: a data e a hora da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es
4. Gastos de publicidade: a cargo do adxudicatario ou adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas.
5. Outras informacións.
Pontevedra, 28 de maio de 2015
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés