Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xuño de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente LU-00440-O-2011 e oito máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número LU-00440-O-2011 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado a sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00440-O-2011

1913-CRY

Garda Civil 2705 V54287M

H. de la Calle, S.A.

A47013669

Avenida del Euro (Centro de Transportes Centrolid), 2, of. 306,

47009 Valladolid, Valladolid

Levar inserida unha folla de rexistro sen anotar o nome e apelido do condutor ou levar o documento de impresión sen identificarse e asinar o condutor.

10.2.2011; 12.50; LU-540; 9

Art. 141.31 en relación co 140.22 LOTT.

Art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 201.1.k) ROTT

401

Inadmisible

LU-01051-O-2009

AL-1126-AG

Garda Civil 2701 R10457X

Almetráns Dos Mil Cinco, S.L.U.

B04359964

Reino Nazarí, Aguadulce, 23,

04740 Roquetas de Mar, Almería

Carecer o aparello de control da placa descritiva ou dalgún dos requisitos esenciais desta.

17.5.2009; 19.30; N-634; 605,4

Art. 141.5 LOTT (*).

Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 201.1.f) ROTT

301

Desestimado

OU-01017-O-2012

5571-HGX

Garda Civil 3203 L24919Z

Ángel González González

51337364F

Avenida de las Naciones, 92, 7 A

28943 Fuenlabrada, Madrid

Levar instalado un tacógrafo carecendo da placa de montaxe ou dalgún dos datos obrigatorios.

21.6.2012; 11.45; A-52; 0181,000

Art. 142.25 LOTT en relación co art. 141.5 LOTT.

Art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f) LOTT

Art. 201.1.f) ROTT

301

Desestimado

OU-01261-O-2012

3801-DKJ

Garda Civil 3201 A47914C

Transjoyma Logística, S.L.

B32360612

Conde, 19, piso 1,

27400 Monforte de Lemos, Lugo

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

8.10.2012; 17.52; A-52; 240

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Estimado parcial

OU-01695-S-2009

3311-FWH

Garda Civil 3200 D-17864-S

Paifer Trial, S.L.

B70193362

O Pinche, km 28

15000 Abegondo, A Coruña

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de arrendamento ou copia deste, ou levalo sen cubrir.

21.9.2009; 12.35; OU-533; 16,7

Art. 142.9 en relación co art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201

Estimado parcial

PO-00198-O-2013

2818-HFL

Garda Civil 3603 A23980M

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

B36530749

Polg. ind. Sete Pías, 24

36630 Cambados, Pontevedra

Carecer do certificado de aptitude profesional CAP.

7.11.2012; 16.02; A-52; 294,100

Art. 141.19 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

1.001

Desestimado

PO-02101-O-2013

7924-FHF

Garda Civil 3601 Q92637T

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

B36530749

Polg. ind. Sete Pías, 24

36630 Cambados, Pontevedra

Atenuante. Carecer do ou dos correspondentes precintos regulamentarios
26.4.2013; 9.05; PO-10; 3,600

Art. 141.25 en relación co art. 140.20 LOTT

Art. 143.1.e) en relación coa letra h) LOTT

601

Desestimado

PO-01963-O-2011

7950-DCT

Garda Civil 3603 A23980M

Tres Ecel Logística, S.L.

B36456069

Polg. Os Viveiros-A Gandara, s/n

36720 Tui, Pontevedra

Transporte de mercadorías perigosas cunha carta de porte na que non se indica o nome e o enderezo do ou dos expedidor/es.

30.11.2011; 10.10; A-55; 9,5

Art. 141.5.11 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801

Estimado parcial

XC-02141-O-2013

7595-DSF

Garda Civil 1502 W-04047-P

Grupo Operador de Ttes. Pedro Ruibal, S.L.

B32320962

Rúa do Pan, nº 4, polg. ind. Cabanelas

36636 Ribadumia, Pontevedra

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

31.5.2013; 18.01; AP-9F

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100

Desestimado