Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 3 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de emenda da solicitude por comparecencia para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se tentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas do requirimento de emenda da solicitude por comparecencia para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia 7-2ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación. A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 3 de xuño de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

71300

Auria González Estévez

34550274L

Rúa García Barbón nº 75-2º A

36201

Vigo

71394

Jaime Fernando Chunga Sánchez

39496408A

Rúa José Antela Conde 21-3º dta.

36205

Vigo

71460

Jorge Emilio Álvarez Fernández

36069432G

Rúa Marín Echegaray 13-7º F

36209

Vigo

71507

María Estela Román Caride

53185037K

Rúa Sardoma Lameiro 51-baixo

36214

Pontevedra

71561

Noelia Santalices Cid

44480777L

Rúa San Gregorio 20-3º F

36208

Vigo