Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2015 pola que se notifican os acordos mediante os cales se resolven os recursos de reposición de varios predios (expedientes 2014000664 e 2014000665).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra as presentes resolucións que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) de conformidade cos artigos 10.1.i) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01422, execución sentenza sobre a estrada provincial OU-0209 Celanova (OU-531)-Leirado (OU-0210) Expropiación complementaria, clave: 99/pb/08. Tm Celanova.

Concello: Celanova.

Provincia: Ourense.

Expropiante: Deputación Provincial de Ourense.

Beneficiario: Deputación Provincial de Ourense.

Acto notificado: resolución de recurso de reposición.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Carlos Suárez Santalices

Carlos Suárez Santalices

23.4.2015

23.4.2015

2014000664

2014000665

1

2

13.547,24

37.805,96