Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 1 de xullo de 2015 Páx. 27559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/119-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hijos de Rivera, S.A.

Domicilio social: rúa José María Rivera Corral, 6, polígono da Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: CS, CM, LMTS, novo transformador de 2.000 kVA no CT existente.

Situación: rúa José María Rivera Corral, 6, polígono da Grela, 15008 A Coruña.

Características técnicas: CS e medida: zona de compañía: dúas celas de entrada/saída, unha cela de secionamento da subministración ao abonado; zona do abonado: cela de remonte, cela de secionamento, cela de proteción xeral, cela de medida, 2 celas de saída e 1 para a subministración das actuais instalacións. LMTS para interconexión coas instalacións existentes: RHZ1-2OL 12/20 kV+H16 1×240 Al-40 m. Novo transformador seco no CT existente de 2.000 kVA, 15 kV/400 V TRIHAL, Dyn11, ventilación forzada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 19 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña