Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, do director xeral da Función Pública
(DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.
A base V da convocatoria, que regula as solicitudes de participación na fase de resultas, establece que o día 22 de xuño se publicarán na páxina web da Xunta de Galicia
(http://funcionpublica.xunta.es) a relación de postos cuxo sistema de provisión sexa o concurso e que estean ocupados con carácter definitivo polos/as concursantes que formalizaron telematicamente solicitude de participación optando a postos relacionados no anexo I da convocatoria.
O prazo para solicitar os ditos postos remata o día 3 de xullo de 2015.
Advertida a omisión dun posto de traballo na relación publicada o día 22 de xuño na páxina web do concurso, procede a súa inclusión e a ampliación do prazo para solicitar ese posto.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro. Incluír na relación de postos potenciais que se ofertan na fase de resultas o seguinte:
Posto |
Código do posto |
Nv. |
Grupo |
Corpo/esc. |
Adm. púb. |
Denomin. posto |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Conc. |
Titulacións requeridas |
Formación específ. |
Obs. |
Puntuación |
3480 |
PR.B01.00.000.36170.017 |
25 |
A1A2C1 |
Xeral/F.C.S. |
A14 |
Sección A |
PR |
Academia Galega de Seguridade Pública |
Servizos centrais, A Estrada |
36170 |
501 |
Xornada partida |
4.600 |
A14: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CCAA e forzas e corpos de seguridade do Estado.
Segundo. Ampliar o prazo para solicitar este posto de traballo ata o día 10 de xullo.
A partir do día 4 de xullo, a solicitude deberá realizarse mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública para este único efecto, no cal se indique, de ser o caso, a orde de preferencia.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública