Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da compra pública precomercial de servizos de I+D para o deseño e desenvolvemento de modelos matemáticos de imperfeccións dos compoñentes de radiofrecuencia en transceptores baseados en sistemas MIMO a gran escala que traballaren a frecuencias milimétricas, destinado ao desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito das redes 5G, que permitirán posicionar o Centro de Investigación Atlantic como un referente internacional neste ámbito (expediente ID1/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es.

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga.

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: ID1/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública precomercial.

b) Descrición: compra pública precomercial de servizos de I+D para o deseño e desenvolvemento de modelos matemáticos de imperfeccións dos compoñentes de radiofrecuencia en transceptores baseados en sistemas MIMO a grande escala que traballen a frecuencias milimétricas, destinado ao desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito das redes 5G, que permitirán posicionar ao centro de investigación ATLANTIC da Universidade de Vigo como un referente internacional neste ámbito.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Centro de investigación ATLANTIC.

• Localidade e código postal: 36310 As Lagoas, Marcosende (Vigo).

d) Prazo de execución: 4 meses e, en todo caso, antes do 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 320.650 €.

5. Orzamento base de licitación: 265.000 €. IVE que ten que soportar: 55.650 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: non se exixe.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, campus das Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente: 2.400 euros.

Vigo, 18 de xuño de 2015

Por delegación (Resolución 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo