Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2015 pola que se notifica o Acordo do 23 de abril de 2015, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 109-0, sito en Vigo, relativo ao proxecto 01328 (expediente 2013/000569).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
(LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Luisa Comesaña Valverde o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia, do 23 de abril de 2015, mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 109-0, sito en Vigo, relativo ao proxecto 01328, expediente 2013/000569, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade cos artigos 10.1.i ) 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01328-ampliación e modernización da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Lagares. Tm Vigo.

Número de expediente: 2013/000569.

Persoa que se notifica: María Luisa Comesaña Valverde.

Expropiante: Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Sur).

Expropiado: María Luisa Comesaña Valverde.

Beneficiario: Aguas de las Cuencas del Norte.

Predio número: 109-0.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 2.976,75 €.