Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO polo que se convoca a licitación pública para a adxudicación, en réxime de concesión demanial, da utilización privativa de postos na praza de abastos de Ordes.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes.

1º. Obtención de documentación e información: Secretaría. R/ Alfonso Senra, 108, Ordes, 15680.

2º. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21.

3º. Correo electrónico: correo@ordes.dicoruna.es.

4º. Perfil do contratante: www.concellodeordes.com.

2. Obxecto do contrato:

a) Concesión sobre un ben de dominio público: explotación dos postos (nº 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10) da praza de abastos de Ordes.

b) Prazo de duración: quince anos, prorrogables cinco anos máis.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 47001 e 470026.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, procedemento aberto.

4. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Tipo de licitación e canon: o tipo mínimo anual para cada local é o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional (importe): non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. R/ Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes.

9. Apertura de ofertas: Casa do Concello. Décimo día hábil seguinte, excepto sábados, á conclusión do prazo de presentación de proposicións, ás 11.00 horas.

Ordes, 12 de maio de 2015

Manuel Regos Boquete
Alcalde-presidente