Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 5 de setembro de 2013, ditada no expediente IU2/145/2009-D1R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 6 de abril de 2015, ditou resolución pola que se acorda non admitir por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto por Francisco Martín Vidal Meis contra a Resolución do 5 de setembro de 2013, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, pola que se lle impón ao recorrente unha cuarta multa coercitiva, ao incumprir o ordenado na Resolución do 24 de maio de 2010 (que declara ilegalizables as obras promovidas por Francisco Martín Vidal Meis, executadas en solo rústico, sen autorización autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Magor, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, consonte o artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística